Monday 29 de April de 2024

Meteogalicia celebra o Día Meteorolóxico Mundial cunha xornada de portas abertas nas instalacións de Santiago e o lanzamento dun globo sonda


Trátase dunha actividade de balde a aberta ao público en xeral
O servizo de predición meteorolóxica da Comunidade galega, Meteogalicia, celebrará o vindeiro 23 de marzo unha xornada de portas abertas e procederá ao lanzamento dun globo sonda para conmemorar o Día Meteorolóxico Mundial. Así, todos os interesados en coñecer as instalacións de Meteogalicia e participar no lanzamento deberán inscribirse antes do día 22 de marzo -ás 12:00 horas-, no seguinte enderezo electrónico: administración.meteogalicia@xunta.es, indicando o nome, a quenda na que está interesado e un email ou teléfono de contacto para confirmar a inscrición, por parte de Meteogalicia.

As actividades, de balde e aberta ao público en xeral, comezarán ás 12:00 horas co lanzamento do globo sonda no exterior das instalacións, e a continuación celebrarase o primeira quenda de visitas a Meteogalicia (ás 12:30 horas), en grupos de 15 persoas ata as 14:00 horas. A quenda de tarde irá dende as 17 horas atas as 19 horas. Durante estas visitas, os participantes coñecerán como se elabora a predición meteorolóxica, así como datos da rede de estacións meteorolóxicas e de calidade do aire, aparatos de medición, etc.

Asemade, no mes de marzo tamén se manteñen as visitas dos centros escolares á Meteogalicia, polo que no terceiro mes de 2016 uns 300 alumnos de Primaria e secundaria coñecerán as instalacións deste servizo, dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.